Skip to main content
Portomarín

Portomarín homenaxea a Don Antonio, párroco da vila dende fai máis de 60 anos

Por 23 Marzo, 2024Sin comentarios

O Concello de Portomarín organiza unha comida pola homenaxe de xubilación a Don Antonio, párroco da vila desde fai máis de 60 anos. As persoas interesadas en asistir deben recoller as suas entradas na Pousada de Portomarín ou na Igrexa xunto a Don Francisco.

O custo da entrada é de 35 euros. A homenaxe celebrarase o sábado 20 de abril, xornada na que haberá misa a partir das 13.00 horas e seguidamente unha comida na Pousada de Portomarín a partir das 14.00 horas.