Skip to main content
Deportes RIBEIRASACRAXAQuiroga

O 8º Mundialito Feira do Viño de Quiroga desenvolverase entre o 25 e 28 de marzo

Por 18 Marzo, 2024Abril 16th, 2024Sin comentarios

Durante a Feira do Viño que se desenvolverá os días 30 e 31 de marzo, celebrarase tamén o 8° Mundialito Feira do Viño de Quiroga, organizado polo Deporte Quirogués co apoio do Concello.

Este mundialito terá lugar entre os días 25 e 28 de marzo e o venres 22 será o último día para inscribirse. Os equipos de fútbol de Quiroga poderán apuntarse gratis, incluíndo o seguro e a arbitraxe.

Ademais, o sorteo de grupos terá lugar o sábado 23, ás 12.00 horas no Bar Chapakuña para saber que equipo se enfronta a que outro, co fin de conseguir un dos catro trofeos que se repartirán entre os catro primeiros clasificados.

As persoas, grupos e equipos interesados en participar deberán inscribirse a través do número 620 752 201 o antes posible, xa que hai límite de equipos.