Skip to main content
Axenda RIBEIRASACRAXAMonforte

Tres cursos AFD desenvolveranse no IES A Pinguela de Monforte despois de Semana Santa

Por 21 Marzo, 2024Marzo 22nd, 2024Sin comentarios

O IES A Pinguela acolle tres cursos AFD dirixidos preferentemente a desempregados a partir de despois da Semana Santa, que se corresponden con tres de nivel 1, o que supón que non se necesitan estudios previos para poder realizalos.

Así, o primeiro será TCPF0109 “Arranxos e adaptacións de pezas e artigos en téxtil e pel” de 408 horas, cunha financiación de 29.909,70 euros, que comezará o 5 de abril e rematará o 24 de xullo en horario de 9.00 a 14.00 horas.

O segundo será o curso IFCT0108 “Operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos”, con duración de 388 horas e unha financiación de 29.934,00 euros. Desenvolverase do 5 de abril ao 18 de xullo en horario de 16.00 a 21.00 horas.

Por último, o curso IMPE0108 “Servizos auxiliares de estética” terá unha duración de 378 horas e a súa financiación alcanza os 25.833,60 euros, desenvolvéndose do 18 de abril ao 31 de xullo en horario de 16.00 a 21.00 horas.

Para cada curso gratuítos promovidos pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia ofértanse 15 vacantese e os interesados deben de estar inscritos na Oficina de Emprego.