Skip to main content
Bóveda

O centro sociocultural de Bóveda acollerá unha mostra de pintura de José Luís Fernández

Por 28 Marzo, 2024Marzo 29th, 2024Sin comentarios

O centro sociocultural de Bóveda acolle o vindeiro 6 de abril ás 18.00 horas a inauguración da mostra de pintura ao óleo do artista monfortino José Luís Fernández.

Esta mostra variada recollerá moitas das paixóns deste pintor monfortino: as rúas antigas, a Ribeira Sacra, o mar, as bodegas, a caza, a pesca, os labores do campo…

As persoas interesadas poderán visitar esta mostra a partir do 6 de abril en horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 18.30. Este horario de tarde tamén será o dos mércores.

Por outra banda, ese mesmo día 6, ás 19.00 horas terá lugar a presentación do libro ‘Despertar en la oscuridad’ de Adrián Enríquez Rodríguez no centro sociocultural.