Skip to main content
Deportes RIBEIRASACRAXAPantón

Pantón acolle os vindeiros 9 e 10 de marzo a proba do Enduro da Liga Galega de Motos de Campo

Por 3 Marzo, 2024Marzo 26th, 2024Sin comentarios

A Liga Galega de Moto de Campo organiza a terceira proba do ano de Enduro e Mini Enduro no Concello de Pantón os vindeiros 9 e 10 de marzo.

Esta proba, que conta co apoio do Concello de Pantón, a Xunta de Galicia e outras entidades asociadas, desenvolverase durante dous días, xa que o enduro será o sábado terá lugar o mini enduro e enduro e o domingo será só o final do enduro.

As persoas interesadas en participar xa poden apuntarse a través dun formulario de inscrición posto a disposición dos deportistas na súa páxina web.