Skip to main content
BóvedaDeportes RIBEIRASACRAXA

A SD Rubián de Bóveda vén de conseguir o ascenso a Segunda Galicia

A Sociedade Deportiva Rubián, equipo de fútbol de Bóveda, vén de conseguir o ascenso a Segunda Galicia despois de moitas victorias seguidas nos enfrontamentos que tivo esta tempada.

Así, xa a semana pasada estaban a piques de toca a gloria tras gañar ao Chantada Atlético B ao sumar tres puntos, o partido do Sober contra o Páramo, no que o segundo equipo apuntou tres tantos, xa lles asegurou a praza en Segunda.

Porén, na SD Rubián quixeron demostrar a súa fortaleza, esforzo e traballo e no partido contra a SD Sarriana B conseguiron a victoria, sendo xa parte da segunda categoría da liga autonómica.