Skip to main content
Chantada

Pura vén de facer 100 anos, sumándose ás 18 persoas centenarias do Concello de Chantada

A veciña de Chantada, María Purificación Taboada Salgado, coñecida como Pura, vén de celebrar o seu 100 aniversario, no que participou o alcalde chantadino, Manuel Lorenzo Varela, e a concelleira de Servizos Sociais, Cándida Carnero.

Natural da parroquia de Laxe, Pura leva a maior parte da súa vida en Centulle onde foi ama de casa e criou a tres fillos, dous homes e unha muller.

Desde o Goberno local fíxoselle entrega dun ramo de flores e acompañaron a Pura xunto aos seus fillos e outros membros da familia e amigos.

O municipio de Chantada suma así 18 persoas de máis de 100 anos. Neste 2024, son 6 persoas as que como María Purificación Taboada, pasan a ser centenarias.