Skip to main content
Chantada

O primeiro ‘Work Ribeira Sacra’ terá lugar en Chantada este 15 de marzo

Por 13 Marzo, 2024Marzo 14th, 2024Sin comentarios

O Concello de Chantada organiza a I edición do Work Ribeira Sacra, un encontro empresarial promovido como parte da actividade oficial da 41 edición da Feira do Viño de Chantada o vindeiro 15 de marzo.

A cita desenvolverase no Auditorio Municipal de Chantada, en horario de 10.00 a 13.30 horas e aunará networking e gastronomía nunha xornada especialmente destinada a empresarios, directivos, autónomos e emprendedores que quieran iniciarse nos seus proxectos vitais.

Relatores

Nesta primeira edición intervirán Rubén Pérez, director técnico en Ponte da Boga, Corporación Hijos de Rivera S.L., que falará “dunha historia de Ponte da Boga”.

Tamén o fará Alexandra Seara, xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, que repasará a evolución do turismo na Ribeira Sacra ó longo da historia: “De Ryvoyra Sacrata a Ribeira Sacra, a creación dun destino”.

Beatriz Pérez, cofundadora de Máis que Románico con María Abuín explicará ecomo podemos coñecer o patrimonio galego a través de Rutas turísticas deseñadas por elas, que fomentan un turismo personalizado e sostible.

Tamén estará Manuel Gallego, responsable da área Turismo Cultural en Xeitura; Xestión integral do Patrimonio S. Coop. Galega, co que se repasará o turismo no rural desde un punto de vista cooperativo e integrando a xestión patrimonial.

Por último, intervirá Idoia Cuesta, creadora, formadora e investigadora, especializada en cestaría, que explicará aos presentes como comunica a través da cestaría.

Os cinco relatores abordarán a experiencia do seu percorrido profesional e empresarial na súa vida laboral na Ribeira Sacra, ofrecendo perfís ben diferenciados segundo os diferentes sectores nos que traballan.

Os relatorios comezarán ás 10.00 horas e ás 12.00 horas farase unha pausa-café, para ás 12.30 horas continuar cunha mesa redonda coa participación dos relatores e ás 14.30 horas rematar con comida networking no restaurante pulpería Os Pendellos, “onde degustar un menú acompañado dos viños da zona e aproveitar para continuar cos contactos persoais, diálogo e intercambio de experiencias e seguir analizando posibilidades de negocio”, destaca Silvia Panadeiros, responsable do Work Ribeira Sacra.

Para participar desta iniciativa coa que o Concello de Chantada pecharía a programación da Feira do Viño é necesario confirmar asistencia no teléfono 982 440 011 (Luz Pérez), antes do día 14 ás 14:00h para participar dos relatorios e do xantar.