Skip to main content
Chantada

Vero Rilo protagonizará a última actividade do 8M en Chantada

Este mércores, 20 de marzo a Biblioteca Pública Municipal de Chantada acollerá unha sesión de narración oral e igualdade da man da educadora infantil e contadora Vero Rilo de Rilo&Penadique.

Rilo traerá a partir das 17.00 horas o seu espectáculo de narración oral Elas, coa que rematará a programación do “Día Internacional da Muller” organizada polo CIM de Chantada e a Concellería de Igualdade.

Entre os temas que se tratarán está o feminismo, a tradición, a memoria histórica, a resistencia, as alegrías, os afectos e as rebeldías, que aparecen consciente e inconscientemente no seu repertorio.