Skip to main content
ChantadaO Saviñao

O Festival 17º Ribeira Sacra confirma os primeiros artistas que actuarán no evento

Por 23 Marzo, 2024Marzo 24th, 2024Sin comentarios

A oitava edición do Festival 17º Ribeira Sacra, que se celebrará os vindeiros días 26, 27 e 28 de xullo, xa ten algunhas actuacións musicais confirmadas.

Así, formarán parte do cartel musical Carlangas y los cubatas, Say Yes Dog, Glassio, The Parrots, Mondra, Faneka e Doctor Explosión.

Ademais, anunciáronse tamén os escenarios onde actuarán, que serán as Bodegas Regina Viarium, o Miradoiro de Santiorxo, as Adegas de Vilachá e Chantada.

Este evento, que o ano pasado acolleu a 3.000 persoas, supón unha combinación de música, patrimonio, arte, gastronomía e turismo na Ribeira Sacra que deixou o ano pasado arredor de 600.000 euros.