Skip to main content
Monforte

O PP solicita unha campaña informativa sobre a nova ordenanza de circulación

Desde o PP solicitan unha campaña informativa para toda a veciñanza, especialmente para os afectados, pola modificación da ordenanza de circulación de Monforte aprobada.

Denuncian que o Goberno local “non quixo atender as alegacións realizadas dende o PP de Monforte e que está tentando confundir á poboación con mensaxe erróneas”.

Por iso, a voceira popular, Katy Varela, ve preciso que “informar con exactitude dos permisos de entrada a estas zonas peonís e os mecanismos para solicitalos e, a pesar de que a publicación no Boletín correspondente é suficiente a efectos legais, entendemos que por mor da repercusión desta norma na vida dos veciños de Monforte débense facer campañas informativas amplas, tanto dos termos da nova norma nese ámbito como da posibilidade de retroactividade das sancións impostas”.

As repercusións destas modificacións son, por exemplo, que as infraccións en zonas peonís poden ter un custo de 200 euros por multa, entre outras sancións”. Katy Varela recorda que estas modificacións da ordenanza “están a causar moita controversia” polo que pedimos que “segundo paga publicidade para outro tipo de fins, neste caso está máis que xustificado xa que afecta a un porcentaxe da poboación de Monforte moi amplo”.