Skip to main content
Monforte

A Asociación Albores Saúde Mental organiza o ciclo de charlas ‘A túa mente importa: Escola de saúde’

Por 17 Marzo, 2024Marzo 18th, 2024Sin comentarios

A Asociación Albores Saúde Mental organiza un ciclo de charlas A túa mente importa: Escola de saúde, unha iniciativa coa que colabora a Axencia Galega de Saúde para Cidadáns do SERGAS, que se levará adiante ao longo do ano 2024.

Estas accións de formación e divulgación xurden da observación da necesidade de tomar conciencia da importancia de como os pequenos hábitos do día a día inflúen no benestar das pesoas.

“Moi a miúdo non nos decatamos da medida en que as actividades que realizamos por rutina, nos afectan, e os malos hábitos contribúen a sobrecargarnos, estresarnos e desestabilizarnos. Así que as charlas estarán dirixidas a todas aquelas persoas que queiran mellorar o seu benestar mental, mediante cambios pequenos na súa vida cotiá”, explican desde a Asociación.

As actividades e datas son as seguintes:

  1. Uso axeitado dos medicamentos (20/03/2024).
  2. Seguridade no fogar (26/04/2024).
  3. Diabetes e alimentación (27/05/2024, data pendente de confirmar).
  4. Coidar a nosa saúde é coidar a saúde mental (pendente de data).
  5. Taller de musicoterapia (sen data polo momento).
  6. Benestar psicolóxico e emocional na incorporación ao mercado laboral (sen data polo momento).
  7. Exercizo físico e ocio (sen data polo momento).