Skip to main content
Monforte

O BNG de Monforte defenderá no vindeiro pleno unha moción para mellorar a parroquia de Ribas Altas

Por 22 Marzo, 2024Marzo 23rd, 2024Sin comentarios

O BNG de Monforte reuniuse cos veciños de Ribas Altas, con quen falaron sobre o abastecemento de auga potable, do saneamento e o alumeado público, “que son servizos públicos básicos, e a súa universalidade é uns dos obxectivos fundamentais de todo Concello, sostén o portavoz, Emilio Sánchez.

Por iso, os nacionalistas monfortinos defenderán no vindeiro pleno municipal unha moción na que pedirán que o equipo de Goberno faga as xestións necesarias para dotar de abastecemento de auga potable aos veciños da parroquia de Ribas Altas, que viven entre a rúa Ramón Cabanillas e as instalacións do Golf Río Cabe e completar o alumeado público do vial denominado “Camiño de Ribas Altas”.

A implementación destes servizos, explican “mellora a calidade de vida da veciñanza, evita agravios comparativos e axuda a fixar poboación no municipio.

Segundo Emilio Sánchez, “asumir o elevado custo que pode ocasionar levar estes servizos básicos a todas as parroquias dun concello xustifica a lentitude da chegada das obras, porén, a xustificación non pode ser outra que o desleixo do grupo de goberno. Estamos a falar da falta do servizo de abastecemento de auga potable entre a rúa Ramón Cabanillas e o campo de Golf Río Cabe, que apenas esixiría a construción de 1.200 metros de tubaxes ou a colocación de 14 luminarias para o alumeado público do Camiño de Ribas Altas”.