Skip to main content
Pantón

A Asociación de Veciños de Tuiriz de Pantón organiza unha cata de viños

A Asociación de Veciños Tuiriz con U de Pantón organiza para este sábado, 16 de marzo, unha xornada de cata de viños e pancetada para todas as persoas interesadas.

Así, a iniciativa desenvolverase a partir das 20.30 horas no local social de Tuiriz, onde terá lugar a cata de viños e, ao rematar, haberá unha pancetada para os socios.

As persoas interesadas deberán apuntarse falando coa directiva e así desfrutar desta xornada gastronómica na que tamén haberá exposición de traballos feitos con corchos.