Skip to main content
Quiroga

Xisco Feijóo presenta o seu traballo ‘Traede Ferralla’ na Casa da Cultura de Quiroga

Por 23 Marzo, 2024Marzo 24th, 2024Sin comentarios

Quiroga acolle o concerto de Xisco Feijóo esta tarde a partir das 19.00 horas na Casa da Cultura, onde presentará o seu traballo Traede Ferralla.

Así, o cantant, premiado bailador, coreógrafo, presentador de televisión, mestre da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo e coordinador da sección de canto da Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu; encherá a vila de música tradicional cun toque de modernidade.

A súa carreira musical e ampla. Durante máis de trinta anos fixo un incesante traballo de recuperación etnográfica e colaborou en máis de vinte discos e espectáculos de artistas de proxección internacional como Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Carlos Núñez, Kepa Junquera, Berrogüetto e Rodrigo Romaní.

Co seu traballo discográfico chamado Peixe foi premiado como Mellor Canción do ano 2021 nos premios aRi[t]mar.