Skip to main content
Quiroga

O centro social de Quiroga acolle un faladoiro sobre a importancia dos medios de comunicación

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Quiroga organiza o mércores 27 no Centro Social de Quiroga un faladoiro con creador do diario dixital Diario de Quiroga a partir das 18.00 horas no centro social.

A través do moderador Xosé Manuel Fernández, as persoas que se acheguen poderán coñecer un pouco máis a este quirogués e o seu perfil xornalístico como informante de todo o que acontece na Comarca de Quiroga a través do medio.

Desenvolverase así un coloquio para falar da credibilidade actual do xornalismo e da importancia dos medios de comunicación de proximidade.

Carlos Julio González naceu en Quiroga no 2002 e no 2018 creou o medio dixital de información local da Comarca de Quiroga.