Skip to main content
Quiroga

Unha colección de minerais de 700 pezas está exposta no Museo Xeolóxico de Quiroga

Por 28 Marzo, 2024Marzo 29th, 2024Sin comentarios

Xa se pode ver no Museo Xeolóxico de Quiroga unha importante e espectacular mostra de minerais de todo o mundo grazas á colaboración do paleontólogo Juan Carlos Gutiérrez Marco co Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel.

A colección de minerais que se expón está composta por unhas 700 pezas, xa que os fondos do museo xa contaban cunha colección de minerais procedentes do territorio do Xeoparque Montañas do Courel e a estes engádese unha colección duns 200 minerais procedentes de varias coleccións particulares de colaboradores do Museo Xeolóxico.

Agora, coa doazón de Gutiérrez Marco, incorpóranse preto de 500 espectaculares pezas – piritas, granates, mica, cuarzo, aragonito, xeso… procedentes de paises como a República Democrática del Congo, Madagascar, China, Guatemala, Chile, India, Estados Unidos, México, Rusia…

Ademais, tamén grazas a aportación de Gutiérrez Marco, medra a colección de fósiles do mundo que se expoñen no Xeolóxico de Quiroga, quen é membro do Comité Científico do Xeoparque Montañas do Courel, apoiou e prestou asesoramento técnico para o impulso da estratexia que levaría ao recoñecemento das Montañas do Courel como Xeoparque Mundial da UNESCO.