Skip to main content
O Saviñao

Sunshine In Ohio actuará o vindeiro 23 de marzo no Círculo Saviñao

Por 8 Marzo, 2024Marzo 26th, 2024Sin comentarios

O Círculo Saviñao acollerá o vindeiro 23 de marzo, a partir das 20.00 horas, a actuación do Dúo Francés Sunshine In Ohio.

Así, este grupo proveniente de Francia tocará blues, bluegrass, swing, balkan… para o deleite das persoas que se acheguen, que o poderán facer de maneira gratuíta.

Estes son músicos que se dedican a entreter musicalmente ao público con finura e bo humor. Así, interpretan e reinventan a “Música de Montaña” dos Apalaches desde 2017, ano no que se creou o grupo.