Skip to main content
O Saviñao

O Saviñao acolle a inauguración do proxecto Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible

Por 15 Marzo, 2024Marzo 16th, 2024Sin comentarios

O vindeiro 20 de marzo, ás 11.30 horas, celébrase no Salón de Actos Municipal do Saviñao, en Escairón, o evento de inauguración do proxecto Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible.

Nesta xornada, presentarase o proxecto e exploraranse as oportunidades que ofrecen, en canto a empregabilidade, as Comarcas de Chantada e de Lemos, para o que se contará con dous dos responsables do GDR Ribeira Sacra e Miño-Ulla, a Fundación Laboral de la Construcción e Asociación de Empresarios de Chantada.

Ademais, nunha segunda parte contarase cunha escolma de iniciativas inspiradoras, que nos mostrarán cal pode ser a dimensión práctica das potencialidades descritas con Carmen Soriano, a Comunidade de Montes Veciñais e en Man Común do Couso, Antonio F. López e Zaira y Juan Carlos.