Skip to main content
O Saviñao

David Taboada e Sergio Alba presentan ‘Colección Romántica’ no Círculo Saviñao

Por 19 Marzo, 2024Abril 16th, 2024Sin comentarios

David Taboada e Sergio Alba, presentan “Colección Romántica”, un espectáculo que busca crear unha experiencia emocional co público inspirada pola música, a traves dunha coidada selección de temas.

Esta terá lugar no Círculo Saviñao o vindeiro 28 de marzo a partir das 20.00 horas, un evento aberto a todo o público interesado en asistir, que poderá desfrutar dun concerto que busca crear unha experiencia emocional inspirada pola música, a través dunha coidada selección de temas.

Ambos músicos, que contan cunha dilatada traxectoria na interpretación e na docencia musical, idearon este proxecto buscando a conexión co público nun formato intimista de voz e piano.