Skip to main content
O Saviñao

O Saviñao acolle a primeira edición dos Cantos de Taberna este venres

Por 27 Marzo, 2024Marzo 28th, 2024Sin comentarios

O Saviñao acollerá a primeira edición dos Cantos de Taberna o vindeiro 29 de marzo ás 18.00 horas e xa está aberto o prazo para inscribirse.

Desta maneira, os grupos de música interesados percorrerán os bares participantes: Os Campeliños, A Maruxa, O noso Lar, Moderno, Unión, Indalo, O Rincón e Avenida.

Tras a celebración da música a través dos grupos de música tradicionais, haberá pinchos para os grupos e participantes e unha gran foliada na carpa do Concello.