Skip to main content
Axenda SARRIAXASarria

O grupo de folk sarriao Eoas actuará nas festas do San Xoán xunto con Nena Daconte e Niña Polaca

Por 13 Marzo, 2024Marzo 14th, 2024Sin comentarios

O San Xoán de Sarria, que acolle ademais as festas patronais da vila, celebrarase entre o 21 e 25 de xuño, celebrando diferentes actividades e concertos.

Así, as primeiras confirmacións son as actuacións de Nena Daconte o 21 de xuño e de Niña Polaca o 22, que poderán desfrutarse sen custo para todos os veciños e veciñas e visitantes que se acheguen nesas datas.

Pola súa parte, o San Xoán acollerá a súa Noite do Lume o día 23 no campo da feira, onde se instalará a fogueira e onde haberá a queimada e a degustación gastronómica, pero tamén haberá música, da man do grupo de folk sarriao Eoas.

Xa o día 24 terá lugar a misa do padrón nun día que é festivo todos os anos en Sarria e o día 25 pecharanse os actos con música da man dunha orquestra, aínda que desde o Goberno local non confirmaron o nome.

Ademais de todo isto, este ano volverán a establecerse unhas horas sen ruído, baixando o volumen das barracas da rúa Castelao, co fin de promover un espazo apto para o desfrute destas atraccións dos nenos con sensibilidade como aqueles con TEA, alteracións neurosensoriais e diversidade funcional, unha medida que tivo moi boa acollida pola sociedade sarriá e que se repite este ano.