Skip to main content
Axenda SARRIAXASarria

A charla coloquio ‘Inclusión escolar do alumnado con necesidades educativas especiais’ terá lugar en abril

A Plataforma Diversidade Funcional Infantil da Comarca de Sarria organiza unha charla coloquio para o vindeiro 20 de abril, sábado.

A través do título ‘Inclusión escolar do alumnado con necesidades educativas especiais’, desenvolverase na Casa da Cultura de Sarria desde as 11.00 ás 13.30 horas de maneira gratuíta.

As persoas encargadas de guiar esta xornada son Esther Rodríguez, mestra de Pedagoxía Terapéutica e orientadora educativa; Andrea López, mestra; e Adrián Jacob Vázquez, psicopedagogo.