Skip to main content
Deportes SARRIAXASamos

Presentan o cartel oficial da XXXI edición do Torneo Fútbol Sala Samos

Por 14 Marzo, 2024Marzo 15th, 2024Sin comentarios

Os organizadores do Torneo Fútbol Sala Samos 2024, que se celebrará os vindeiros 28, 29, 30 e 31 de marzo, veñen de presentar o cartel oficial desta XXXI edición, fomentada polo equipo Samos Fútbol Sala.

A través do patrocinio de colaboración do Concello de Samos, o equipo samanense celebrará así a súa XXXI edición, na que haberá diferentes premios: para o primeiro equipo levará 1.500 puntos e trofeo, o segundo conseguirá 750 puntos e trofeo, o terceiro 400 puntos e trofeo e o cuarto 250 puntos e trofeo.

A cuota de inscrición será de 150 puntos e inclúe o seguro dos xogadores, que deberán apuntarse na lista de equipos ata o vindeiro 26 de marzo ás 14.00 horas, e o mesmo día terá lugar o sorteo de equipos ás 21.00 horas na Adega-Cafetería Abadía Samos.