Skip to main content
Deportes SARRIAXASamos

Xa están formados os grupos que se enfrontarán no Torneo Fútbol Sala Samos

Por 27 Marzo, 2024Marzo 28th, 2024Sin comentarios

A XXXI edición do Torneo Fútbol Sala Samos 2024, que se celebrará os vindeiros 28, 29, 30 e 31 de marzo, xa ten o reparto de equipos que se enfrontarán cara a cara durante esta iniciativa deportiva.

Así, o grupo A estará formado por A Lareira e Mesón Meigallos, o grupo B será Churreros SD e Bazar Jardón, o grupo C está composto por Andalucía FS e Pub Tropi, o equipo D por Toca FS e Colonos FS, o equipo E por Samos FS e Café Bar Roma, no F estarán Vellas Glorias e Waterparties FS, no G Las Leyendas e Luisitalia e o H estará formado por Taberna D’Orixen e Mariscos Recio.

A través do patrocinio de colaboración do Concello de Samos, o equipo samanense celebrará así a súa XXXI edición, na que haberá diferentes premios: para o primeiro equipo levará 1.500 puntos e trofeo, o segundo conseguirá 750 puntos e trofeo, o terceiro 400 puntos e trofeo e o cuarto 250 puntos e trofeo.