Skip to main content
O Incio

O Val das Mouras é o primeiro grupo confirmado do Festival Terra Brava do Incio

Os organizadores do Festival Terra Brava do Incio veñen de confirmar o primeiro grupo que actuará durante o evento, que se celebrará o vindeiro 24 de agosto.

Así, este grupo é O Val das Mouras, unha formación celta-folk que basea a súa proposta musical na obra poética de Rosalía de Castro. A banda comparte nome cun bosque galego de Folgoso do Courel e as súas letras retratan á muller galega e ao emigrante, ao mariñeiro e ao aldeano…

A nivel musical, a banda está composta por unha voz, guitarra, frauta, violoncelo e percusión, gaitas, instrumentos de orixe galega, acordeón e teclados. Así, o último disco ten ritmos de iota, muñeira, pop ou ska.