Skip to main content
Paradela

A Asociación de Mulleres Rurais de Paradela organiza unha viaxe a Padrón

A Asociación de Mulleres Rurais de Paradela organiza unha nova actividade para as persoas sociais e non socias do municipio.

Así, promoven unha excursión a Padrón o vindeiro 31 de marzo, Día de Pascua, saíndo ese mesmo día do Mercado Gandeiro de Paradela ás 08.00 horas.

O último día para apuntarse a esta iniciativa será o 24 de marzo, polo que as persoas interesadas aínda teñen tempo para apuntarse a través dos número de Rocío, 649 240 466, e de Mila, no 669 849 518.