Skip to main content
O Páramo

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar do DH Molinos 2024

Os organizadores do descenso en bicicleta polo monte do Páramo, o DH Molinos 2024, veñen de anunciar que están xa abertas as inscricións para participar deste evento deportivo.

Así, haberá un límite de participación de 200 persoas, que deberán estar federadas e pagar unha cota de 30 euros por persoa, podendo anotarse ata o vindeiro día 20 de marzo, xa que a iniciativa terá lugar o día 23, de 09.00 a 14.00 horas terán lugar os Remontes, ás 15.00 horas a Manga clasificatoria e ás 16.30 horas a Manga final.

As categorías son de Sub23 Fem., Sub23, Master 60 Fem., Master 60, Master 50 Fem., Master 50, Master 40 Fem., Master 40, Master 30 Fem., Master 30, Junior Fem., Junior, Infantil Fem., Infantil, Élite Fem., Élite, Cadete Fem. e Cadete.