Skip to main content
O Páramo

O equipo da SD O Páramo proclámase campión de Liga Terceira Galicia logo de enfrontarse á SD Rubián

O equipo SD O Páramo coróase como campión da Liga Terceira Galicia desta tempada 2023-2024 despois de rematar a fase de grupos e enfrontarse coa SD Rubián de Bóveda no campo das Rapadas.

Desta maneira, o domingo tivo lugar o partido, onde se enfrontaron ámbolos dous equipos, que competían polo título de campión de Liga, xa que os dous estaban primeiros na lista, co ascenso asegurado.

Así, tras quedar ambos equipos a 0, os do Páramo conseguiron levarse o título de campión, deixando á SD Rubián como subcampión.