Skip to main content
O Páramo

Os viais de Lagoa, Ramil e Vilariño do Páramo serán reformados con 80.000 euros

Por 27 Marzo, 2024Marzo 28th, 2024Sin comentarios

Imaxe de Marcos Folgueira

O Concello do Páramo licitou as obras para pavimentar diversos accesos a núcleos de poboación por un valor de 80.704, 10 euros. Estes accesos serán os de Lagoa e Ramil, para os que se destinarán 41.286,93 euros e o vial de Vilariño, na parroquia de Friolfe, que contará con 39.417,17 euros.

As obras, que tamén inclúen a mellora dunha curva para facilitar a circulación de vehículos pesados, executaranse nestes viais debido a que están moi deteriorados pola súa antigüidade, o uso, o tempo metereolóxico e que non se arranxaron ata o momento, polo que era necesaria a súa mellora.

Concretamente, no vial de acceso a Lagoa, actuarase nun tramo de 170 metros de lonxitude e dun ancho de 5 metros, onde se atopa a curva e en baixada que dificulta a o tránsito dos vehículos pesados, polo que será necesario ampliar o vial cara a fóra para anchear a curva e conseguir maior espazo para o xiro destes vehículos.

Pola súa parte, o acceso a Ramil é de 240 metros e e dun ancho variable de 3,50 e 4 metros; mentres que o de Vilariño en Friolfe é o máis longo, de 1.752 metros.

Os solicitantes

Con respecto ás empresas, deberán presentar os seus proxectos no que deben incluir un plan para desenvolver nun prazo de execución de tres meses e será elixida aquela que presente unha mellor opción calidade-prezo.

Ademais, os negocios interesados deberán presentar unha memoria xustificativa, e o obxecto do contrato, a súa duración, o orzamento e as obras detalladas.