Skip to main content
Samos

Talía Teatro trae a súa obra ‘Rosa Caramelo’ a Samos a través da Furgoteca

O Ceip de Samos acolle esta mañá, en horario de 12.00 a 13.00 horas, unha actividade da man do servizo de Bibliotecas Públicas de Galicia, a Furgoteca.

Así, Talía Teatro achegará a súa representación Rosa Caramelo, a través da cal falarase sobre identidade, estereotipos, condicionantes sociais e liberdade, partindo de que a diversidade está na vida, que as diferenzas por xénero non deben existir e que hai que loitar por conseguir o que se desexa.

Esta actividade está aberta a todo o mundo, tanto nenos como pais e veciños de Samos que queiran achegarse a participar.