Skip to main content
Samos

Este vindeiro 28 de marzo inaugurarase a praza Vergara de Samos

Por 24 Marzo, 2024Marzo 25th, 2024Sin comentarios

A praza Vergara de Samos, que leva en construción case dun ano, xa que as obras comezaron en marzo de 2023; inaugurarase o vindeiro 28 de marzo.

A Asociación de Comerciantes de Samos está a preparar un acto cargado de sorpresas no que participará tamén o Valedor do Camiño, Luís Celeiro, e diversos familiares do poeta Fiz Vergara a partir das 12.00 horas na nova praza localizada na Horta da Botica.

Así, colocarase unha placa conmemorativa na praza e colocarase un poema de Fiz Vergara do ano 1994 para renderlle homenaxe.

Todas as persoas que se acheguen a este evento, poderán participar tamén despois dun xantar conxunto no Restaurante Hotel A Veiga a partir das 14.30 horas.