Skip to main content
Sarria

A Banda de Música da Comarca de Sarria protagonizará un concerto de homenaxe polo Día da Muller

Por 4 Marzo, 2024Marzo 26th, 2024Sin comentarios

O vindeiro domingo, 10 de marzo, a Banda de Música da Comarca de Sarria volverá a actuar ás 12.30 horas na Casa da Cultura como parte da programación do Concello de Sarria para o mes de marzo.

Así, esta iniciativa desenvolverase coa finalidade de facer unha pequena homenaxe musical polo Día da Muller e de agradecemento aos mecenas da Banda de Música da Comarca de Sarria.

Ademais, contarán tamén coa colaboración das compañeiras Nerea Iglesias e Olalla Losada, que os acompañarán durante o evento, que será gratuíto a todas as persoas interesadas en asistir e sen límite ata completar o aforo.