Skip to main content
Sarria

A ACES promove a campaña ‘Con cariño, para papá’ para promover o comercio en Sarria polo Día do Pai

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU desenvolve ata o Día do Pai, o 19 de marzo, unha campaña con motivo desta data tan sinalada no calendario, coa colaboración da Xunta de Galicia.

Este ano, a campaña ¡Con cariño, para papá! premiará as compras nos establecementos asociados, que dan a oportunidade de premiar un pai cun regalo especial e diferente.

Durante a vixencia da campaña, os clientes depositarán os seus tíckets de compra nas furnas habilitadas nos establecementos asociados a ACES, cubrindo os datos dun papá, que pode ser seu pai, el mesmo, un avó, un tío…

O venres, día 22 de marzo, procederase ao sorteo e coñecerase o papá premiado, que gozará dun vale de compra de 200 euros para gastar nos comercios asociados.

Trátase da terceira campaña do Centro Comercial Urbano de Sarria neste ano, na que se procura dar valor ao comercio local da vila, dinamizando un comercio de calidade-proximidade- atención.