Skip to main content
MonforteSarria

Álex Camba suma novos éxitos invidivuais e co seu equipo do Club Neka

Álex Losada, adestrador da AC Taekwondo de Sarria, competiu a fin de semana pasada no Open de Bulgaria 2024, onde pasou tres roldas na categoría individual.

Así, enfrontouse con Austria, logo contra Alemaña e pasou a cuartos de final contra España. No enfrontamento do pase a medallas perdeu contra o representante de USA, que finalmente gañou o torneo. Desta maneira, Álex logrou un 5° posto nunha categoría de máis de 40 competidores.

Por outra banda, tamén competiu na categoría de equipos conxuntamente cos seus compañeiros do Club Neka de Monforte, Carlos Rey e Marcos García, que conseguiron a medalla de prata, un segundo posto a 0.1 décimas dos representantes de Hong Kong.