Skip to main content
Sarria

O IES Xograr de Sarria segue recibindo profesorado doutros centros baixo o programa Observa Acción

Por 15 Marzo, 2024Marzo 16th, 2024Sin comentarios

O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria recibiu estes días a visita do profesorado do IES Albalat, de Navalmoral de la Mata (Cáceres) e tamén do IES Monte Castelo de Burela.

Estes encontros prodúcense no marco do proxecto Observa Acción na súa Fase Estatal (Conecta), na que o profesorado visitante pode observar clases e tamén coñecer os distintos proxectos e programas que temos en marcha.

En abril varios profesores do centro sarriao viaxarán a Navalmoral de la Mata (Cáceres) para observar, da mesma maneira, os procedementos do centro estremeño.

O programa Observa-Acción busca unha reflexión conxunta entre o profesorado participante, co fin de introducir melloras concretas na práctica de aula ou do centro.