Skip to main content
Sarria

Máis de 200 persoas daranse cita na IX Xuntanza de Palilleiras de Sarria este sábado

Por 15 Marzo, 2024Marzo 16th, 2024Sin comentarios

Este sábado celébrase a IX Xuntanza de Palilleiras en Sarria, organizada pola Asociación de Palilleiras Camiño de Santiago de Sarria, a partir das 10.00 horas no pavillón de deportes dos institutos.

Así, este evento acollerá a máis de 200 palilleiras de todos os lugares da provincia de Lugo e de fóra, promovendo un “exitoso evento que volve a celebrarse con moitas sorpresas, música, sorteos e diversos actos”, defenden desde o Concello de Sarria.

Así, todo comezará ás 10.00 horas coa recepción e a presentación, protagonizada polo Goberno local do Concello, que dará a benvida ás palilleiras. Xa ás 11.30 empezarán a palillar as mulleres e homes que veñan de todas as partes de Galicia e de fóra, como de Asturias, así como virán persoas con negocios relacionados co sector, como mercerías e tendas especializadas en varas de abanicos ou profesionais do palillo.

Xa ao mediodía, de 14.00 a 16.00 horas imos xantar, e de 16.00 a 19.00 horas volverase palillar e celebrarase o sorteo de agasallos. Ao longo da xuntanza tamén virá un grupo de música para animar e haberá unha exposición de encaixe feita pola asociación organizadora.