Skip to main content
Sarria

A VIII edición da Estremonía Cantada de Sarria acollerá dúas rutas con 16 grupos de música tradicional esta tarde

Por 16 Marzo, 2024Marzo 17th, 2024Sin comentarios

A VIII Edición Estremonía Cantada en Sarria celébrase esta tarde de 16 de marzo a partir das 18.30 horas, da man dos organizadores, da Asociación Peleriños, a Sociedade A Unión e o Concello de Sarria, en colaboración coas tabernas participantes, “as cales estamos moi agradecidos pola sua participación ano tra ano”, explican desde a Asociación Peleriños.

Así, o evento promoverá encher de música tradicional os bares da vila sarriá grazas a diversos grupos que se apuntaron, a pesar de que “varios quedaron fóra, o que por un lado nos dá pena por non poder acollelos, e por outro ledicia de ver o tirón que teñen os nosos cantos”, sosteñen desde Peleriños.

Durante os Cantos de Taberna haberá dúas rutas, unha ‘Ruta Branco’ e outra ‘Ruta Tinto’, na que participarán os diferentes grupos. Así, na Ruta Branco, actuarán Gaiteiros de Goián, @s Pantox@s, Os Ministreles, Lady Butelo e os cabaleiros do espazo, Cantareiros do Naval, Son do Mao, As Macizas Centrais e Xampó.

Pola parte da Ruta Tinto, os grupos que amenizarán a ruta serán Birloque gaiteiros, Tokaide, Cantareiros da Unión, Familia Rois, Son Outeiro, OS Parrandas, Mestura de Nete e AC Andrade.