Skip to main content
Sarria

A residencia de maiores de Sarria está a ser renovada na parte do tellado

Por 19 Marzo, 2024Marzo 20th, 2024Sin comentarios

O Concello de Sarria está a renovar a cuberta e o tellado da residencia de maiores Nosa Señora do Carme a través de fondos da propia administración local, en concreto, uns 213.000 euros.

O edificio, no que residen 90 persoas maiores e dependentes, construíuse nos anos 80 e ata agora non se actuara no tellado, polo que era unha obra necesaria para evitar as filtracións de auga cara ao interior.

Así, as obras suporán unha mellora tamén na eficiencia enerxética da residencia e nas condición térmicas para todos os residentes.

Máis actuacións

Ademais destas obras no exterior, tamén está previsto, ao remate destas, actuacións no interior para cambiar as cortinas e os riles, uns traballos que serán financiados polo plan Deputación deste ano a través de 18.000 euros.

Pero, tamén, con eses fondos do plan da Deputación, acometerase o acondicionamento dunha sala de visitas con arredor de 17.000 euros, comprarase material de cociña con valor de 8.374 euros e actualizarase a zona de fisioterapia por 14.000 euros.

Finalmente, desde o Goberno local explican que queren acollerse a unha axuda do plan estatal de resiliencia para o aforro enerxético e cambiar a carpintaría exterior do edificio, que suporía uns 300.000 euros de custo.