Skip to main content
Sarria

Os comerciantes da feira de Sarria presentan un escrito no Concello protestando polas taxas

Por 21 Marzo, 2024Marzo 22nd, 2024Sin comentarios

Os comerciantes da feira de Sarria, despois de facer unha recollida de firmas entre os vendedores do mercado, presentaron un escrito no Concello reclamando a modificación da ordenanza.

Así, consideran que a taxa de cobrarlles segundo o metro cadrado é abusiva e piden que se cobre polo metro lineal, como estaba establecido ata o de agora.

Os comerciantes di que é inasumible pagar en función do metro cadrado porque segundo din, “non existe en ningunha feira de España”, polo que aseguran que non o van aceptar. E sosteñen que, de ser así, acabarase coa feira.

No escrito, recóllese a opinión dos comerciantes, que acusan ao Goberno local de querer acabar coa feira de forma encuberta e reclaman que a petición sexa tratada no pleno.

Pola súa parte, desde o Goberno lembran que Tesourería e Intervención advertiron de que na ordenanza aprobada en 2002 e que estivo vixente ata agora había un erro de transcrición e tívose que corrixir.