Skip to main content
Sarria

O municipio de Sarria énchese de actos para celebrar a Semana Santa

Sarria celebra os actos de Semana Santa que se desenvolverán ata o vindeiro domingo, Domingo de Pascua, con diversas actividades litúrxicas.

Así, este domingo, Domingo de Ramos ás 12.00 horas celebrarase a misa da Igrexa do Convento da Mercé e a saída da procesión da Burriña ata a Igrexa da Nosa Señora do Rosaio, Benzón de Ramos e Eucaristía cantada por Voces Novas de Sarria ás 13.00 horas.

O luns 25 será o día da Unción de Enfermos para todas as parroquias a partir das 19.00 horas na Igrexa da Nosa Señora do Rosario.

O mércores 27 terá lugar a misa ás19.00 horas na Igrexa de Santa Mariña e a continuación terá lugar o Viacrucis desde Santa Mariña ao Convento coas imaxes de Cristo Crucificado do Convento e da Nosa Señora da Paz da Orden Terceira da Merced.

Xoves, Venres e Sábado Santo e Domingo de Pascua

Xa o xoves, Xoves Santo, celebrarase a misa da cea do señor, ás 18.00 horas na Igrexa de Santa Mariña e na de Vilar de Sarria, e ás 19.00 horas na Igrexa da Nosa Señora do Rosario con adoración nocturna e na Igrexa do Convento da Mercé. Ás 21.00 horas será a Hora Santa na Igrexa da Nosa Señora do Rosario e ás 22.30 horas haberá unha procesión do silenzo desde o convento a Santa Mariña.

O venres, Venres Santo será a Paixón do Señor, que terá lugar ás 17.00 horas na Igrexa de Santa Mariña, ás 17.30 horas na Igrexa da Nosa Señora do Rosaio, ás 18.00 horas no Convento da Mercé e na Igrexa de Vilar de Sarria. Ademais, ás 20.00 horas terá lugar o procesión do Santo Enterro, desde o Convento da Mercé á Igrexa da Nosa Señora do Rosario.

Xa o sábado, Sábado Santo, terá lugar a Vixilia Pascual en todas as parroquias e ás 23.00 horas na Igrexa da Nosa Señora do Rosario; e o Domingo de Pascua e Resurrección haberá misas de costume en cada parroquia e acto de Benzón da auga e do pan.