Skip to main content
Comarca TERRACHÁXA

Catro concellos únense nun proxecto para recuperar relatos dos maiores

Por 16 Marzo, 2024Marzo 17th, 2024Sin comentarios

Os concellos de Vilalba, Guitiriz, Muras e Xermade inicia un proxecto en común para recuperar a memoria viva dos seus maiores.

A través dun acordo das bibliotecas locais dos catro concellos iniciarase unha recollida de relatos e contos a veciños e veciñas de máis de 65 anos para compartilos con novas xeracións no día da Narración Oral, o 20 de marzo.

A intención e que se faga un relato duns tres minutos, que as historias se graven na casa ou onde se prefira. O prazo máximo de tempo para o envío dos vídeos é o 18 de marzo. Este debe facerse ao enderezo estherfus@gmail.com. Tamén pode enviarse por whatsapp ás bibliotecas que teñan este servizo.