Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXALugo

Vespa Lugo organiza un paseo primaveral o domingo 7 por Friol

Por 31 Marzo, 2024Sin comentarios

O colectivo Vespa Lugo Equipo de Rescate organiza para o domingo 7 de abril un Paseo Primaveral, a sétima edición, que este ano será por Friol, en colaboración co Concello.

A entidade propón comezar a mañá nas Gándaras, no restaurante Yaldara, onde se farán as inscricións dende as 9.00 horas. A continuación, en torno ás 11.00 horas sairán todos xuntos en ruta cara a Friol, onde visitarán a fortaleza de San Paio de Narla e farán un paseo pola feira de Friol, que fai a primeira edición de volta no centro da vila. En torno ás 14 horas, farán unha comida na localidade.

As prazas son limitadas a 80 e teñen un prezo de 20 euros para socios e 25 para os non socios. O límite da inscrición está o 3 de abril e pode facerse chamando aos teléfonos 667 629 719 (Víctor), 669 293 840 (Toño) e 670 355 225 (Valentín).

“A nosa intención é desfrutar todo o posible das Vespas e dos Amigos”, explican dende o colectivo.