Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

O BNG de Outeiro de Rei denuncia o estado das instalacións municipais para o deporte

Por 8 Marzo, 2024Sin comentarios

O BNG denuncia o estado de abandono no que se atopan as instalacións municipais usadas para actividades deportivas, en concreto o piso superior do local onde se atopa o Xulgado de Paz. A concelleira nacionalista, Elvira Lombao, sinalou que “o alcalde non pode permitir que á veciñanza que vai a estas actividades o faga nunhas instalacións con graves deficiencias”. O BNG de Outeiro de Rei puido constatar que o local onde se celebran as actividades de ximnasia e pilates esta sucio e con auga polo chan, auga que provén de pingueiras que ten o edificio onde se celebran estas actividades. Malia que estes feitos xa foron postos pola cidadanía en coñecemento da Alcaldía, ningunha medida se puxo en marcha.

“Isto ademais de ser insán, é un perigo para as persoas que alí fan estas actividades e reclamamos ao equipo de goberno que lle poña unha solución a estas deficiencias e que estas actividades se fagan en locais adecuados e acondicionados para elas”, recalcou a concelleira. O BNG de Outeiro de Rei instara ao Sr. Alcalde a que se poña a traballar nestas pequenas cousas que para as persoas que realizan as actividades son moi importantes e poñer en risco a súa saúde.