Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Robra celebra as súas festas na Semana Santa

Por 25 Marzo, 2024Sin comentarios

A localidade de Robra, en Outeiro de Rei, festexa durante a Semana Santa, as festas na honra a Virxe das Dores.

O programa abrirase o vernes 29 coa celebración do Día da Xuventude, que consistirá nunha verbena a partir das 00.05 horas a cargo da orquestra Olimpus e DJ Casanova.

O sábado, Día do Pobo, haberá sesión vermú co grupo Fénix e a verbena contará co mesmo grupo e a orquestra Paríns de Noia, e o domingo a misa solemne será ás 13.00 horas e a música, en dobre sesión, correrá a cargo da orquestra Trébol, a verbena será de tarde, ás 20.00 horas. Será o Día dos Nenos, polo que haberá xogos a partir das 18.00 horas.

O luns 1 de abril, Día da Patroa, repetirase o oficio relixioso e darase por terminada a festa coa sesión vermú, que estará a cargo do grupo Os Valuros.