Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

As comisións de festas de Outeiro de Rei poden solicitar unha actuación das agrupacións Músico Crisanto

Por 26 Marzo, 2024Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei, a través da Escola de Música Asociación Músico Crisanto de Outeiro de Rei, Rábade, Begonte e Friol pon á disposición das parroquias, asociacións e comisións de festas deste municipio que o soliciten, catro actuacións anuais de carácter gratuíto; as actuacións poderanse programar en horario comprendido entre as 11.00 e as 21.00 horas e terán unha duración aproximada de 45 minutos.

Pódense solicitar as agrupacións Banda de Música Sons e Soños e a Coral.

Como o número de actuacións é limitado (catro por ano) terán preferencia as parroquias ás que non se lles fose concedida con anterioridade e aquelas actuacións que sexan para festas patronais, con respecto a outras de carácter veciñal.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 10 de abril, debendo presentarse no rexistro municipal o modelo de solicitude cuberto que está a disposición do público nas oficinas municipais e na páxina web do Concello www.outeiroderei.gal .