Skip to main content
As Pontes

‘Enraizadas’ celebra o Día da Muller cunha exposición e un obradoiro nas Pontes

Por 3 Marzo, 2024Sin comentarios

A asociación de desenvolvemento rural e sen ánimo de lucro Euroeume en colaboración co Concello das Pontes conmemora o día internacional da muller co seu programa Enraizadas.

Enraizadas nace coa necesidade de visibilizar e poñer en valor as estratexias de sostemento da vida que se levan a cabo no rural e, máis concretamente, o papel das mulleres neste proceso.

Así, do 4 ao 18 de marzo a Exposición fotográfica: Enraizadas – Soberanía Alimentaria poderá visitarse no Mercado Municipal do Concello de As Pontes. O próximo sábado 9 de marzo, as 11:30 horas, terá lugar un café – inauguración da exposición.

Esta mostras está elaborada con fotografía dos traballos realizados polas mulleres vencellados á soberanía alimentaria. E que conta coa colaboración dos fondos do Arquivo da Biblioteca Pública Municipal de Pontedeume Poeta Ramiro Fonte, o arquivo de Antonio M. Leira Noche, o arquivo da Agrupación Instructiva de Caamouco, o Fondo Documental para o coñecemento do Eume, o Arquivo do Reino de Galicia, o Arquivo da Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado e o Arquivo do Museo Etnográfico da Capela.

Ademáis, o sábado 16 de marzo 11.00 horas, no mesmo espazo, terá lugar un obradoiro con plantas silvestres a cargo de Coqué, nos que se realizará unha elaboración culinaria, outra medicinal e unha conserva. A entrada será de balde e non precisa inscrición previa.