Skip to main content
As Pontes

As socias de Cohempo reuníronse nun almorzo polo 8M nas Pontes

Por 9 Marzo, 2024Sin comentarios

As socias de Cohempo celebraron un almorzo con responsables do colectivo coa fin de celebrar o Día Internacional de la Muller.

Ademais de pasar unha mañá distendida e tratar de fomentar a unión entre as socias, unha das asociadas e fisioterapeuta (Marta Fernández) marcou 7 pautas ou hábitos a ter en conta para comezar o día motivadas e con boa enerxía.

Recomendacións tales como: levantarse a primeira vez que soa o espertador, beber un vaso de auga en xaxún, non utilizar dispositivos electrónicos durante a primeira hora tras espertar, respiracións e exercicios…

Como detalle, obsequiaron ás asociadas cun pequeno amuleto, unha pulseira confeccionada con pedras de amatista. Ademais da súa tonalidade morada, a amatista é un cristal protector, ao que se lle outorga a propiedade de transmutar a enerxía negativa en positiva. E diso tratábase a xornada de hoxe… “de cargarnos con boa enerxía, compartir inquietudes, experiencias e sentirnos TIDAS un pouquiño máis preto”, explicaron.