Skip to main content
As Pontes

Remata a cata de Casa do Mel de Goente co reparto de premios

Por 18 Marzo, 2024Sin comentarios

A Casa do Mel de Goente acolleu a fin de semana unha nova edición da Cata do Mel logo que facer previamente a selección de finalistas.

Nesta edición Rubén Amarelo de Xermade fíxose con dous dos tres galardóns, foi o gañador en meles claros e na mellor mel monofloral. Ademais Amador Carballeira de Guitiriz levouse o outro premio, en categoría de meles escuros. Neste último grupo quedaron finalista Estefanía López, das Pontes, e Manuel González, dos Ancares.

Os finalistas en meles claros foron Cristina Sanmartín, de Monfero, e Manuel Fernández, de Vilalba; e en monofloral Manuel Fernández, de Vilalba, e César Castro, de Viveiro.

Dentro da programación tamén se incluíu a presentación do libro A cultura do mel na Costa da Morte, de Carmen Toba Trillo, que será tamén ás 18.00 horas.