Skip to main content
As Pontes

O proxecto de turismo mineiro das Pontes, seleccionado polo programa Experiencias Turismo España

Por 23 Marzo, 2024Sin comentarios

O Ministerio de Industria e Turismo publicou a listaxe de solicitudes que obteñen financiamento na proposta de resolución provisional de concesión das axudas ao programa Experiencias Turismo España, entre as cales se atopa o proxecto Turismo mineiro -industrial do carbón. Rede de Territorios de Transición Xusta.

Este proxecto conta cunha achega de 682.500 euros, provenientes de fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) e está formado por seis entidades: Concello das Pontes de García Rodríguez, Deputación de Córdoba, Deputación de León, Deputación de Teruel e Hunosa, coordinado pola Fundación Ciudad da Enerxía (CIUDEN).

O obxectivo deste proxecto é a posta en valor do patrimonio mineiro -industrial asociado ao carbón das zonas de transición xusta para que sirva como base para a creación dunha experiencia turística innovadora e sostible.